Fiesta de Navidad 2014
O vindeiro venres 19 de Decembro queremos compartir con todos vos unha xornada máxica, o día máis especial de esta gran familia que é o Estudiantes Pontevedra, a Festa do Nadal!!
O longo da tarde desenvolveranse diversas actividades dende os máis pequenos ata os máis crecidiños, para rematar cunha merenda e degustación de postres.
Entre outras novidades, este ano terá un lugar un concurso de postais navideñas para os nenos/as e un concurso de postres para nais e pais. Os gañadores de ambos concursos recibirán un agasallo acorde a súa categoría. Todas as postáis presentadas polos nenos/as do clube, figurarán expostas no pavillón durante o I Campamento de Nadal.
Podemos adiantar que estamos en negociacións con … Papa Noel!!!, o cal a pesar do traballo que ten estes días, virá a visitar os nen@s e compartir conoscosco a ledicia desta xornada.
Os nosos mellores desexos para o ano novo!
A familia do C.B. Estudiantes Pontevedra
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
17:30-18:45: Xogos colaborativos e competitivos (os fillos con nais/pais) Partido fillos/as contra nais/pais. (Por grupos de idade dende prebenxamín ata infantil).
18:45-20:00: Gymkanas de habilidade para os rapaces de secundaria, bachillerato e seniors.
18:30: Papa Noel e o xurado escollerán a mellor postal navideña
18:45-20:00: Merendola e concurso de postres.
19:45-21:00: Partido Nais/Pais Vs Adestradores e axudantes.
Merendola
Para a merendola cada neno/a deberá traer algunha cousiña coma por exemplo: tortilla, empanada, bebidas, chocolatinas o calqueíra cousa que se vos ocurra, pero en cantidades moderadas.