II Campus Urbano Estudiantes Pontevedra

 

Achégase o final de curso e chega a noticia que agardavades…a  SEGUNDA EDICIÓN DO CAMPUS URBANO CBEP!! Tras O éxito e boa lembranza o verán pasado, o clube aposta de novo por o modelo lúdico-formativo-deportivo impulsado con éxito  na tempada 2015.  Como  novidades destacables, contaremos con relevantes visitas, máis actividades e un novo terceira quenda no mes de Agosto.

campus urbano 2016

Para que ninguén quede sen praza,  recomendamos realizala pre-inscripción o máis axiña posible seguindo as indicacións do tríptico (enlace descarga). Para calquera dúbida ou cuestión podedes resolverla no apartado contactar desta páxina ou preguntando os vosos monitores. No facebook do #‎campusurbanCBEP  tedes imaxes e videos das actividades realizadas, abraiante.