Presentacion del Campus

O pasado venres, a concelleira de deportes del concello de Pontevedra, dona Anxos Riveiro acompañado do noso director técnico Carlos Ayán e de Cris Alonso, presentou a prensa as actividades de verán que realizará o noso Clube. Por un lado, o III Campus de Baloncesto que se celebra do 25 de Xullo o 31 de Agosto, nesta edición no Colexio Los Sauces, con un importante salto de calidade deportiva e innovación educativa.

5763f3a83e-img_7263

E por outro lado, con especial agarimo a segunda edición dos Campus Urbanos para os máis cativos, que se celebrarán en tres quendas. A inscripción para a primeira quenda finaliza este mércores 22 de Xuño, así que sen tempo que perder que quedan poucas prazas.

Dende o noso traballo e entusiasmo, procuramos que os xogadores/as do clube teñan as mellores oportunidades de formación, deseamos que a vosa experiencia nestas actividades volva a ser enriquecedora  e ilusionante para todos/as.

Enlaces a Prensa:

Faro de Vigo

Pontevedra Viva