Escola de baloncesto do Estudiantes

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DO
BALONCESTO ESTUDIANTES PONTEVEDRA

Dende 1991- Curso 2017-2018

!Apúntate o baloncesto no noso club Baloncesto Estudiantes Pontevedra!

Profesores titulados
Dende os 4 anos ata os 13 anos. Seguirá o calendario escolar

Entrenos:

– Alevíns ( 2004-2007): luns, mércores e venres de 18:00 a 19:00 horas no pavillón Multiusos

– Benxamíns (2008-2009): martes, mércores e xoves de 18:00 a 19:00 horas no pavillón IES Xunqueira I.

-Prebenxamíns: (2010-2014) martes e xoves de 17:00 a 18:00 no pavillón IES Xunqueira I.

Preinscricións nas oficinas do Servizo de deportes no Pavillón Municipal de Deportes (r/ Juan Manuel Pintos, s/n) de 08 a 13.30 e de 16.30 a 22.00 horas de luns a venres dende o luns 11ata o venres 15 de setembro. Indicar “Escola de Baloncesto do B. Estudiantes Pontevedra.

Mais información na web:.estudiantespontevedra, e no correo electrónico: baloncestudiantespontevedra@gmail.com e no teléfono 699 90 80 65

¿ Como inscribirse?

O luns comenza o prazo para preinscribirse nas Escolas Deportivas Municipais 2017/ 2018, non haberá que presentar ningunha documentación persoal agás o formulario oficial totalmente cuberto, pero nin DNI, nin seguros, nin pagos en bancos, nin nada de nada, agás o formulario oficial.

Neste prazo de pre-inscrición non se adxudica a praza na Escola Deportiva Municipal desexada, xa que en caso de que houbera máis demanda que oferta, habería un sorteo público a vindeira semana entre todas as solicitudes presentadas, presencialmente ou por Internet, para esa Escola tan demanda.
1.1. PRE-INSCRICIÓN PRESENCIAL (FORMA E PRAZO)
PRAZO: dende o luns 11/IX ao venres 15/IX
HORARIO: de 08.00 a 13.30 e de 17.00 a 22.00 horas
LUGAR: Pavillón Municipal de Deportes (r/ Juan Manuel Pintos, s/no)
1.2. PRE-INSCRICIÓN POR INTERNET (FORMA E PRAZO)
PRAZO: dende o luns 11/IX ao domingo 17/IX
HORARIO: dende o luns 11/IX ás 00.01 ata o domingo 17/IX ás 23.59 horas
LUGAR: Sede Electrónica do Concello de Pontevedra http://sede.pontevedra.gal no procedemento 206 dos tramitables electrónicamente.